Sectores

Convocatoria Mesa Sectorial de Persoal Funcionario Público (19.05.2026)

O vindeiro 19 de maio estamos convocadas/os a Mesa Sectorial con obxecto de tratar os seguintes asuntos:

Proposta de Resolución pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.

BUZÓN DE POSTOS


Proposta de Resolución pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística e corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico.

BUZON DE POSTOS


Proposta de Resolución pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior, escala superior de sistemas e tecnoloxías da información; corpo de xestión, escala de xestión de sistemas e tecnoloxías da información; e corpo administrativo, escala de técnica/o especialista en tecnoloxías e sistemas da información da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

BUZÓN DE POSTOS

Podes achegarnos as túas aportacións a uxt.sancaetano@xunta.gal