👥 MESA SECTORIAL Docente Galega · CALENDARIO Escolar e NOVA XORNADA Laboral Docente · 13 MAIO 2026

👥Mesa Sectorial Docente Galega (mércores 13 de maio 2026)

CONVOCATORIA e DOCUMENTACIÓN👇

Orde · Puntos do Día:

▪️ Proposta da Orde de Calendario Escolar 2026-2027.

▪️ Borrador de Resolución de instrucións sobre a xornada semanal do persoal docente no curso académico 2026-2027.

▪️ Borrador Orde do concurso de dirección do Centro Residencial Docente de Ourense.

▪️ Borrador Orde do Axudas a Docentes para Gastos de Formación 2026 RECENTEMENTE ENGADIDO

▪️Rogos/Preguntas Varios · Rolda Abertas de Intervencións (posibles aportacións a engadir)

🗣️Achegas / aportacións / suxestións na túa SEDE💬 ou no seguinte cuestionario

🔗ENLACE CUESTIONARIO APORTACIÓNS

Incluídos aquí · ENLACES dos BORRADORES👇

📎BORRADOR Proposta da Orde de Calendario Escolar 2026-2027.
📎BORRADOR Resolución Instrucións Xornada Laboral Docente 2026-2027.
📎BORRADOR Orde do concurso de dirección do Centro Residencial Docente de Ourense.
📎BORRADOR Orde do axudas a docentes para gastos de formación 2026 RECENTEMENTE ENGADIDO

As organizacións asinantes destacan que as propostas desenvolven o Acordo sobre medidas de mellora, respectan a negociación colectiva e permitirán aplicar novos avances desde o curso 2026/27.

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF valoramos positivamente que se inicie o paso pola Mesa Sectorial das primeiras medidas froito do traballo desenvolvido na comisión de seguimento do Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal docente, publicado no DOG en xaneiro de 2024.

Fronte á desinformación interesada, cómpre lembrar que sempre defendemos que estas propostas debían pasar polos órganos correspondentes de negociación. E iso é precisamente o que se está facendo.

As medidas supoñen avances moi relevantes: recuperación das 18 sesións lectivas en Secundaria, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial; recoñecemento horario da función titorial; reforzo dos equipos directivos; e máis atención á diversidade.

Respectamos a lexitimidade de todas as mobilizacións e folgas en defensa do ensino público, mais entendemos que a mobilización debe servir para abrir negociacións e conseguir resultados. No noso caso xa estabamos dentro dun marco de diálogo que xa existía, estaba aberto a novas incorporacións —como demostrou CSIF— e agora comeza a traducirse en melloras concretas.

Lamentamos que se tente presentar estes avances como unha concesión unilateral da Consellería, como unha renuncia ás reivindicacións do profesorado ou como consecuencia dun proxecto de lei estatal aínda sen garantías de aprobación. Estas medidas son froito de anos de traballo sindical, negociación sostida e da decisión responsable de manter vivo un Acordo que xa permitiu frear recortes, reducir ratios, consolidar emprego docente, mellorar retribucións e recuperar horario lectivo en Infantil e Primaria.

A nosa posición é clara: nin propaganda, nin confrontación estéril, nin parálise. Seguiremos defendendo as melloras pendentes e esixindo garantías para que cada avance se traduza en máis profesorado, máis apoios e mellores condicións nos centros.

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF seguiremos na mobilización cando sexa necesaria, na negociación sempre que sexa posible e na defensa do ensino público todos os días.


📞 CONTACTOS Sedes UGT Ensino


Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.