Mesa Sectorial (04.05.2026)

A DXEPAP presentou un resumo das distintas convocatorias de OPE. Cómpre lembrar que no anterior Informa T UGT xa difundira os borradores. Tras as alegacións presentadas polas organizacións sindicais, a Administración limitouse a ampliar o prazo ata o mércores ás 10:00 h, nun movemento claramente formal. todo indica que pasarán á Comisión de Persoal para a súa aprobación co voto da Administración.

UGT manifesta o mesmo que en anteriores borradores de convocatoria de OPE pechados a negociación, reiterando críticas xa formuladas en convocatorias anteriores:

  • Rexeitamento ao sistema de oposición, defendendo o acceso por concurso‑oposición.
  • Denuncia da escasa promoción interna, cunha porcentaxe ridícula que bloquea a carreira profesional do persoal.
  • Esixencia de promoción interna separada
  • Reclamación da apertura xa da negociación do Acordo Marco Estatal 2025‑2028, no relativo a acceso ao emprego público, promoción interna efectiva, e mobilidade aberta e permanente.

A DXEPAP considera que:

  • Adecuado prazo de 6 meses primeiro exercicio, sempre cumpren, ampliar prazo é incoherente coa demanda de axilización das OPEs.
  • As probas prácticas tentaránsexan obxectivas e que os tribunais publiquen criterios
  • Proceso selectivo por oposición xa que é moi recente o acceso por concurso de estabilización.
  • Os concursos se convocaran simultáneos a cada OPE con toma de posesión coordinada.

Pódese concluír que queren dar oportunidade a quen non ten servizos ou outros méritos, relegan a promoción interna a mínimos, e haberá concurso si hai OPE. Verdadeiramente é desmotivador.

VARIOS

  • GAIN dado que superaron OPE GAIN e tamén en Xunta nalgúns casos, a elección será coordinada.
  • Veterinarios dúas tomas de posesión por sentenza en praza equivalente en nivel e localidade a que lle correspondería seguindo a orde de aprobados.
  • CORPOS XERAIS reunión cos sindicatos da comisión de persoal pendente sobre criterios elección destino corpos xerais o vindeiro luns 11 de maio.

O máis lido