Consellería do Medio Rural: situación actual do persoal pertencente ás escalas de Enxeñeiros/as de Montes e de Enxeñeiros/as técnicos forestais (28.04.2026)

UGT non pode facer unha valoración ao respecto do resultado da xuntanza coas persoas representantes da Consellería en tanto en canto non existiu ningunha concreción máis alá do compromiso de estudo e análise das propostas que defendemos que relatamos de seguido:

Solicitamos o recoñecemento para a aplicación dos coeficientes redutores.

Solicitamos a participación activa nunha futura unidade de análise, planificación e seguimento de incendios forestais.

Solicitamos a convocatoria mediante concurso específico das dezanove (19) prazas de xefe/a de distrito forestal.

Solicitamos a reunión da comisión de seguimento do Acordo sobre as condicións de traballo do persoal funcionario pertencente aos grupos A1 e A2 da Xunta de Galicia do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais para entre outras cousas, corrixir /modificar os seguintes puntos:

  • Réxime retributivo (punto sete), incrementando nun 15% o complemento específico e a contía da produtividade actual tras aumentar nun mes o período extraordinario e fixándoo en 5 meses.
  • Punto cinco, emenda de adición: as vacacións desfrutaranse nos días en que teña asignada unha quenda de traballo efectivo.

Ao abeiro da Resolución do 24 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de novembro de 2023, polo que se actualizan os importes das axudas de custo por razón do servizo en territorio nacional para gastos por aloxamento e manutención e da indemnización por uso de vehículo particular para o persoal empregado público da Xunta de Galicia e logo da prestación do servizo en réxime de gardas en periodo extraordinario de 12 horas de presenza física e 12 horas de garda localizada; solicitamos a axuda por manutención derivada da prestación de servizos.

Solicitamos que se proceda a inmediata inclusión dos seguintes postos dos grupos A1 e A2 do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais e que non foron incluídos no “Acordo sobre as condicións de traballo do persoal funcionario pertencente aos grupos A1 e A2 da Xunta de Galicia”, no seu ámbito de publicación:

– MRC991080115001011: Xefatura de área de defensa contra incendios III, A Coruña.

– MRC991080127001009: Xefatura de área de defensa contra incendios II, Lugo.

– MRC991080132001011: Xefatura de área de defensa contra incendios II, Ourense.

– MRC991080136001011: Xefatura de área de defensa contra incendios II, Pontevedra.

– MRC991000015001015: Posto base A1, Dirección Territorial da Coruña.

– MRC991080127001004: Posto base A1, Dirección Territorial de Lugo.

Para iso entendemos que faise necesaria a modificación da RPT da Consellería tendo en conta que o concurso de traslados que impedía a modificación xa rematou, para reflectir dita inclusión no Acordo, coa garantía da percepción dos complementos retributivos correspondentes dende o inicio do período extraordinario de gardas, evitando atrasos e discriminacións futuras, asi como unha adecuada valoración dos niveis dos postos de traballo.

O máis lido