
🤯Os últimos días foron intensos no ensino público galego.
🗣️O 24 de abril, CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF anunciamos coa Consellería unha proposta consensuada de medidas que entrarán en vigor o 1 de setembro de 2026, tras o seu paso polos órganos de negociación.
🤚 En novembro de 2025 xa transmitimos a todas as organizacións sindicais (con representatividade) o estado do desenvolvemento do Acordo, abrindo a porta a que se incorporarsen ao mesmo, vía pola que só optou CSIF.
🤬A folga é unha ferramenta lexítima, pero non pode ser un fin en si mesma.
❌ Os últimos 18 anos demostraron que as posturas de máximos e a mobilización sen vontade negociadora non dan resultados!
🎯O obxectivo do sindicalismo é claro: abrir negociacións, desbloquear situacións e conseguir melloras reais para o profesorado e para o conxunto do sistema educativo.
🤝E iso é o que facemos: acordar medidas que se traducirán en cambios efectivos nas aulas e no día a día do profesorado galego.