Mesa Xeral OPE 2026 e Consello Asesor Integración da  Discapacidade (21.04.2026)

Promoción interna separada elixirá antes que acceso libre,OPE 2018-2019

Pendente reunión monográfica coa DXEPAP sobre eleccións de destino.

O Decreto aplica taxas do 120% sectores prioritarios e do 110% no resto, e convoca:

  1. Acceso libre: 811 prazas por xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias sen reserva, altas e baixas por traslados, ano 2025.
  2. Funcionarización: 91 reingreso excedencias que solicitaron por Resolución 2024.
  3. Promoción interna separada: 300 prazas.
  4. Entes instrumentais: 35 prazas de persoal laboral

UGT solicita o detalle das prazas incluídas en acceso libre por causa e escalas, e o desenvolvemento do Acordo estatal de mellora de emprego coa negociación dun novo marco regulador quedeixe atrás as taxas de reposición e formule a ordeación de emprego conciliando a mobilidade, a promoción interna e o acceso libre, con procesos áxiles e simplificados que permitan a resolución anual das OPEs, a mobilidade aberta e unha promoción interna efectiva.

Rexeitamos os procesos selectivos por oposición

Rexeitamos a limitación a porcentaxe mínima da promoción interna do anexo I acceso libre.

Rexeitamos a toma de posesión do grupo B como C1, a Xunta é competente para desenvolver e resolver esta abusiva situación.

Solicitamos un proceso de funcionarización de repesca (refiren DXEPAP que se poderá facer sobre prazas desertas da anterior funcionarización mentres que non trascurran 3 anos).

Solicitamos datos de prazas non cubertas.

Na OPE 2026 a oferta para discapacidade é de 119 prazas, 14,67%, destas 17 de discapacidade intelectual, 2,10%. En promoción interna separada de 300 prazas, se ofertan 24 prazas, 8%.

Dende 2022 a 2025 se convocaron 882 prazas (775 de discapacidade xeral e 107 de discapcidade intelectual), incluídas en 112 procesos selectivos de diferentes corpos e escalas.

Nos procesos rematados se cubriron o 70,73%, porcentaxe a mellorar pero que certamente acredita que se avanzou moito na cobertura de prazas.

Estan para rematar os procesos de 2021 e 2022, e pendentes de convocar os de 2023 e 2024.

O Informe sobre discapacidade intelectual é moi completo, detallado por corpos, escalas e Consellerías, solicitamos co mesmo contido o de discapacidade xeral. Anúnciase que aportarase nunha reunión do Consello en novembro.

O máis lido