A DXEPAP manifesta que o Decreto establece a tramitación electrónica obrigatoria, os chamamentos ordinarios e extraordinarios, a eliminación das excepcións ás suspensións para chamamentos das melloras de emprego, adapta as credenciais dos chamamentos ao SMS urxente, e establece nunha disposición adicional medidas extraordinarias de xestión das listas de persoal de SPIF que e o que determina o trámite de urxencia, e refiren a negociación dun novo Decreto posteriormente.
UGT manifestamos que estamos ante o sétimo Decreto sin contar outras modificacións introducidas nas leis de medidas, e nesta modificación proposta non se refunden as anteriores nin e contemplan cuestións que son solicitadas reiteradamente por este sindicato, por exemplo: revisión de ámbitos, listas de promoción interna temporal, listas de AP logo da funcionarizaión sin desglosar,...
Certamente o Anteproxecto culmina o proceso gradual de tramitación electrónica obrigatoria pero hai cuestións do Anteproxecto que deben ser revisadas: chamamentos extraordinarios SMS urxente cun limite de aceptación atá o mesmo día as 23,59 h pero sin hora limite de emisión; clarificar si en todos os supostos de chamamentos extraordinarios por vía SMS urxente non se considerará rexeitamento o non acceso; tal e como está o texto podería non ser previsible a cobertura dunha baixa de larga duración, por así decidirse, e si concurre outra circunstancia ou non, este chamamento que debería ser ordinario se cursa como extraordinario; as acumulacións de tarefas en SPIF no é materia dun Decreto de listas e en ningún caso pode ser unha acumulación de sustitucións non xestionadas ou deficit de persoal encuberto por dita acumulación, e a retirada radical das melloras de emprego das excepcións de chamamentos non é unha mellora de xestión é un recorte de dereitos e se debe modificar e respectar, alomenos, en caso de chamamentos de vacante ou previsible larga duración…
A DXEPAP insiste na urxencia dos cambios para atender a xestión das listas de SPIF e que os artigos que se modifican son os que gardan relación coa disposición adicional de SPIF, os outros se trataran nunha negociación posterior, xa que a aplicación informática será única e polo tanto os cambios son iguais para todos os colectivos. Insisten en que tivemos prazo para alegar (venres e luns), no obstante acepta dar prazo ata o xoves 16 para que se envien alegacións por escrito, aínda que recolleron todas as cuestións que se formularon xa nesta Mesa.
UGT solicitamos que a referencia a negociar un Decreto que integre todos os anteriores e modifique cuestións como as que formulamos reiteradamente, se comprometa nun marco temporal, cando???.
