👥📲100% ON LINE · TELEFORMACIÓN
🗓️DATAS Curso: 13 ABRIL – 8 MAIO 2026
⏳DURACIÓN: 30 HORAS · Homologadas pola Consellería e válidas para oposicións, sexenios, concursos…
❌💰 100% GRATUÍTO
📚Todo tipo de Profesorado · Pública, Concertada, Privada, Relixión, Inactiv@s….
👨🏻🏫ORGANIZA e coordina · 🌈ESCOLA VIVA
👩🏫COLABORA · 🔴🤝UGT SP ENSINO GALICIA
📑PROGRAMA e OBXETIVOS
Os OBXETIVOS xerais que perséguemos con este curso, son os seguintes:
🟨 Coñecer os fundamentos de Scratch como ferramenta de iniciación á programación.
🟨 Utilizar Scratch para fomentar estratexias de avaliación continua, formativa e con retroalimentación inmediata.
🟨 Promover a autonomía e creatividade do alumnado mediante a creación de proxectos dixitais sinxelos.
🟨 Desenvolver actividades que impulsen a participación activa, a toma de decisións e a resolución de problemas.
🟨 Integrar proxectos básicos de Scratch na aula como medio para empoderar ao alumnado e mellorar a súa confianza dixital.
🟨 Facilitar que o profesorado poida crear secuencias didácticas que aproveiten Scratch como ferramenta para observar o progreso e proporcionar feedback.
🟨 Fomentar o traballo cooperativo a través de proxectos compartidos e revisións por pares.
🟨 Capacitar ao profesorado para acompañar ao alumnado nun uso seguro e responsable da plataforma Scratch.
O PROGRAMA que se levará a cabo será o seguinte:
🟥MÓDULO 1: INTRODUCIÓN Á PROGRAMACIÓN CREATIVA: PRIMEIROS PASOS EN SCRATCH
🟥MÓDULO 2: SCRATCH COMO FERRAMENTA DE AVALIACIÓN FORMATIVA
🔻2.1. Utilización de Scratch para evidenciar aprendizaxes
🔻2.2. Creación de actividades avaliables básicas e estratexias para proporcionar e recibir feedback
🟥MÓDULO 3: EMPODERAMENTO DO ALUMNADO MEDIANTE PROXECTOS EN SCRATCH
🔗ENLACE ao PROGRAMA COMPLETO
📞CONTACTO e dúbidas
981573634 · ensino.formacion@ugt-sp.ugt.org
