Sectores

8M-DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES

SINDICALISTAS FEMINISTAS

FRONTE AO NEGACIONISMO E O ODIO

As Confederacións Sindicais de CCOO e UGT, ante este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, día en que a nosa voz e a nosa forza como indicalistas feministas se une ás das mulleres que en todo o Estado e por todo o mundo se manifestan, reivindicando e loitando polos seus dereitos e pola igualdade efectiva, MANIFESTAMOS que nos comprometemos de xeito firme e irrenunciable a acelerar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a corresponsabilidade nos coidados e a erradicación das violencias machistas en todos os esferas da vida, especialmente nas relacións laborais, ámbito que nos concirne como establece a normativa. Estes principios feministas nutren a nosa actividade nos centros de traballo e a nosa interlocución social, alí onde estamos, día a día, como compromiso inquebrantable do sindicalismo feminista de clase e confederal.

Por iso poñemos a forza indomeable, imparable, do sindicalismo feminista, en todo o Estado e no plano internacional, xunto coas confederacións sindicais europeas e mundiais, como cortalumes que impida a extensión da máis incendiaria das ideoloxías, a que fai bandeira do antifeminismo e o antisindicalismo de clase, que expande o negacionismo sobre a desigualdade estrutural que afecta ás mulleres, á fenda salarial, ás violencias de xénero, á emerxencia climática ou á Axenda 2030. Non poderán avanzar máis se topan co sindicalismo feminista posto en pé en defensa da democracia, a igualdade e os dereitos das mulleres, incluídos os dereitos reprodutivos.


Nada do humano nos é alleo, nin no ámbito local nin no global; tampouco nada que afecte a sostibilidade do planeta que habitamos.

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.