👍Grande ÉXITO das 👥MOBILIZACIÓNS do sector social: MENORES, DISCAPACIDADE e INFANTIL 0-3

UGT Galicia valora como moi positiva a mobilización celebrada onte 3 de febreiro de 2026 en Santiago de Compostela, na que unha caravana de vehículos rodeou o edificio administrativo de San Caetano para reclamar unha resposta inmediata da Consellería de Política Social.

A protesta lanzou unha mensaxe clara e inequívoca: a Conselleira debe convocar de maneira urxente unha xuntanza cos representantes das traballadoras e traballadores dos sectores de Menores, Discapacidade e Infantil 0-3 anos. O sector leva meses reclamando diálogo e solucións, e a mobilización de hoxe demostra que o persoal non está disposto a permanecer en silencio ante a falta de avances.

Os berros, os pitos e a contundencia da protesta fixeron evidente o malestar existente. “Non poderán dicir que non o escoitaron”, sinala UGT, que lembra que esta é só a primeira dunha serie de accións que continuarán nas próximas semanas se a Consellería mantén a súa inacción.

Novas mobilizacións nos centros de traballo

UGT anuncia que todos os MÉRCORES de FEBREIRO haberá CONCENTRACIÓNS reivindicativas nos CENTROS DE TRABALLO , enmarcadas nunha campaña de concienciación social que incluirá a difusión de vídeos nas redes para visibilizar a situación real destes tres sectores, fundamentais para a atención e protección das persoas máis vulnerables.

O sindicato insiste en que é imprescindible abrir unha vía de negociación que permita mellorar as condicións laborais e garantir a calidade dos servizos prestados. A responsabilidade da Consellería é actuar, escoitar e ofrecer respostas.


CARTACES para 👥MOBILIZACIÓNS para IMPRIMIR👇

👇MÁIS CARTACES👇
ENLACE

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.