💰 A CONSELLERÍA CORRIXE POR FIN O ERRO NO CÁLCULO DE SEXENIOS E TITORÍA froito do traballo da 👥Comisión de Seguimento do Acordo

🗣️ COMUNICADO CONXUNTO SOBRE A REGULARIZACIÓN DE NÓMINAS DE 2025

‼️ Por fin temos as nóminas regularizadas: corríxese o pagamento de sexenios e titoría

Logo do cobramento dos atrasos pendentes, celebramos a corrección do erro no pagamento de sexenios e titoría durante o ano 2025.

Esta corrección é froito do consenso coa Consellería e do traballo constante na comisión de seguimento do Acordo sobre medidas de mellora por parte de CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP (cando se produciu esta situación CSIF aínda non se unira).

Cando foi preciso, recorrimos á vía xudicial para garantir o seu cumprimento e non por iso deixamos de traballar para alcanzar unha solución.

📌 Ademais, tras revisar a orde para a confección de nóminas que se publicou onte, damos por boas as cifras que inclúen a parte fixa da suba para este 2026.

⚠️ Mentres nós contrastabamos datos e pechabamos a solución, outra organización tentou 🤦‍♂️ aproveitarse do traballo alleo con anuncios precipitados e interesados.

✅ Resultados reais, obtidos con rigor e sendo útiles para o profesorado galego!

🧐 O profesorado merecemos información verificada, datos contrastados, cifras comprobadas e traballo arreo tanto na vía xudicial (se fai falta) como nos espazos de negociación e seguimento xa existentes. En particular, na Comisión de seguimento do Acordo, á que se incorporou CSIF hai poucas semanas, tal e como pode facer calquera outra organización sindical.
Pola nosa parte, seguiremos traballando sen descanso polo desenvolvemento continuo do Acordo e polo seu cumprimento íntegro.

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.