‼️ HISTÓRICO: FIN DA OBRIGATORIEDADE TANTO DE MATRICULARSE COMO DE PRESENTARSE ÁS OPOSICIÓNS PARA MANTERSE EN LISTAS
CCOO Ensino, ANPE, CSIF e UGT-SP acadan un acordo histórico coa Consellería que mellora as condicións laborais do persoal interino e substituto e tamén o sistema educativo.
👇VER DOCUMENTO COMPLETO
✅ PUNTO PRINCIPAL: Elimínase a obrigatoriedade tanto de matricularse como de presentarse ás oposicións para manterse nas listas de interinidades e substitucións.
⚠️ IMPORTANTE:
Esta obriga suprímese SÓ para o persoal que teña posto consolidado.
Para o persoal non consolidado ou para incorporarse a listas SEGUE SENDO NECESARIO presentarse ás oposicións.
¿Que supón este avance?
⚖️ Reparto máis xusto: Evítanse distorsións no número de prazas por tribunal.
👨👩👧 Conciliación real: Fin aos desprazamentos obrigatorios por puro trámite administrativo.
📂 Menos burocracia: Tribunais máis áxiles e centrados en quen realmente busca a praza.
🛡️ Seguridade xurídica: A permanencia na lista queda garantida polo traballo efectivo.
⏰ O cambio farase oficial tras a sinatura da addenda e a súa vindeira publicación no DOG.