No Plan de Formación para persoas delegadas e delegados de UGT nas Administracións Públicas coa fianlidade de adquirir competencias relacionadas coa negociación colectiva e o diálogo social no Sector Público, hai un catálogo de cursos en liña sobre igualdade para o primeiro semestre de 2026. Queremos presentarvos este catálogo para que poidades rexistrarvos e tamén axudarnos a difundilo entre os representantes sindicais.
A medida que se vaian esgotando as prazas dos cursos, pecharanse os formularios de preinscrición. Os e as participantes seleccionaranse por orde de chegada, tendo en conta que unha persoas participante pode realizar un máximo de dous cursos en liña simultaneamente. Cada persoa participante só poderá preinscribirse en tres cursos en liña este semestre (considerando toda a programación de cursos en liña).
O Curso de 80 horas para AXENTES DE IGUALDADE PARA A FORMACIÓN SINDICAL E A NEGOCIACIÓN COLECTIVA (NIVEL DE ESPECIALIZACIÓN), precisa que as persoas participantes teñan completado un dos cursos básicos de 30 horas en sesións anteriores.
| Código | Denominación | Horas Previstas | Prazas | DataInicio | DataFin |
| 4001 | ACTUACIÓN E NEGOCIACIÓN DE MEDIDAS ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO | 30 | 40 | 26/01/2026 | 13/02/2026 |
| 4002 | ACTUACIÓN E NEGOCIACIÓN DE MEDIDAS ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO | 30 | 40 | 09/02/2026 | 27/02/2026 |
| 12501 | HISTORIA SOCIAL DEL TRABAJO. NEGOCIACIÓN COLECTIVA Y MUJER | 30 | 40 | 09/02/2026 | 27/02/2026 |
| 4101 | ACOSO SEXUAL OU POR RAZÓN DE SEXO | 20 | 40 | 11/02/2026 | 25/02/2026 |
| 4201 | A NEGOCIACIÓN DOS PLANS DE IGUALDADE | 30 | 40 | 18/02/2026 | 11/03/2026 |
9201 | AXENTES DE IGUALDADE PARA A FORMACIÓN SINDICAL E NEGOCIACIÓN COLECTIVA NIVEL ESPECIALIZADO | 80 | 25 | 09/03/2026 | 08/05/2026 |
| 12502 | HISTORIA SOCIAL DO TRABALLO. NEGOCIACIÓN COLECTIVA E MULLER | 30 | 40 | 04/05/2026 | 22/05/2026 |
| 9101 | ANÁLISE E NEGOCIACIÓN COLECTIVA ANTE A BRECHA SALARIAL DE XÉNERO. REXISTRO E AUDITORIA SALARIAL NIVEL ESPECIALIZADO | 40 | 40 | 12/05/2026 | 09/06/2026 |
