UGT-SP ASINA O XXIV CONVENIO DE AUTOESCOLAS

UGT-SP, xunto con outras OOSS e a patronal do sector, asinamos o XXIV Convenio Colectivo Nacional de Autoescolas. Tras 20 meses de negociación, o sector das Autoescolas e da Educación Vial terá un convenio colectivo de referencia, con vixencia ata o 31 de decembro do 2026 e cun incremento salarial do 11,9%, desglosado do seguinte xeito:

  • Para o ano 2024: un 5%.
  • Para o 2025: un 4,41%.
  • Para o 2026: un 2,49%.

UGT Servizos Públicos valora o peche da negociación en base ao consenso básico da totalidade de organizacións sindicais das autoescolas e a educación vial, unidas para dotar ao sector dun novo convenio colectivo. UGT-SP, como sindicato maioritario do sector, mostra a súa satisfacción polo entendemento das partes para seguir subindo os salarios, mellorar a redacción do articulado e axudar a garantir a estabilidade no ámbito.

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.