- É INSUFICIENTE A NOVA PROPOSTA DE GRAO I, II, III EXTRAORDINARIO DE 3 ANUALIDADES, 33% POR ANO
- NON GARANTE A CONTINUIDADE, CONVOCATORIAS ANUAIS, 2029 A 2032, NON SE COMPLETARÁN 5 ATA 2033, 6 EN 2034 E 7 EN 2035.
- NON GARANTE A CONSULTA E PARTICIPACIÓN SINDICAL EFECTIVA
AS NOVAS PROPOSTAS DE NOVEMBRO CONTEMPLAN ALEGACIÓNS DE UGT PERO RESULTAN INSUFICIENTES
UGT Servizos Públicos amosamos a nosa preocupación á DXEPAP, tanto en Mesa como en Comisión de Persoal, pola demora e o risco de que as contías que se nos deben de 2025 non entren na certificación anual de haberes e os problemas que elo traería a efectos fiscais.
Grao extraordinario I, II, III. Resumo cambios da proposta da administración
UGT SP, ante as propostas da Administración de convocatoria do proceso extraordinario, de decembro de 2024 e de xullo de 2025, solicitamos convocatorias anuais rexeitando que quede persoal polo camiño, e apuntamos tamén as cuestións esenciais a modificar das ditas propostas, como a de que en xaneiro de 2026 o complemento de carreira sexa o 80%.
Na proposta de decembro de 2025, cómprese co acordado con este sindicato: efectos económicos do 1 de xaneiro de 2025, mesma regulación para funcionario e laboral, convocar de novo grao I e II, e aceptan a alegación de manter no grao III a proporcionalidade nos criterios de valoración baixando a 120hs. a formación e a 6 anos do resto de criterios. Modifican o abono de 4 anualidades ao 20% á de 3 anualidades, 33%, 66% e 100%, sendo isto insuficiente. UGT reitera que as CONTÍAS en 3 anualidades deben ser: 60%, 80% e100%.
Continuidade de carreira. Entronque extraordinaria e ordinaria.
Situación na proposta da administración
A proposta de carreira ordinaria establece que a avaliación faise no ano natural seguinte da fixación de obxectivos. Tendo en conta o número de avaliacións que se propoñen para cada grao está claro que QUE NON HAI CARREIRA ORDINARIA en moitos anos, xa que a avaliación comeza en 2029.
Na proposta de novembro 2025 XA está incluída a alegación de UGT de convocatoria anual 2026-2028, e será sen avaliación de desempeño. UGT solicita que se inclúa de forma explícita que é réxime extraordinario, e se complete co sistema de ENTRONQUE transitorio ordinario 2029-2034 do seguinte xeito:
- 2033 convocatoria grao ordinario I (completan as 5 avaliacións do desempeño I).
- 2034 II e III (completan as 6 avaliacións do desempeño).
- 2035 IV (completan as 7 avaliacións do desempeño).
- 2038 V (completan as 8 avaliacións do desempeño). Solicitamos grao V
Carreira ordinaria. RESUMO alegacións estimadas.
- Grao inicial de oficio e con toma de posesión
- Inclusión nas características de carreira do carácter irreversible
- Efectos económicos do 1 de xaneiro de cada ano da convocatoria anual no primeiro trimestre, e non como se propoñía a establecer en cada convocatoria.
- Reducir en 100 as puntuacións totais requiridas do bloque das áreas 1, 2, 3 (criterios de formación, investigación e innovación e compromiso coa organización) e limitar puntuación de outras actividades.
- Limitar a puntuación adicional a 3 puntos e dentro do apartado de competencias individuais e non sobre o resultado total.
- Na permanencia retiran “continuada”.
- Contemplar a prestación de servizos en xornada parcial ou fixo-descontinuo.
- Garantir no cambio de grupo ou subgrupo de clasificación por promoción interna, cambio de vínculo laboral ou proceso de integración, que a fracción de tempo transcorrido computará como tempo de servizos prestados no novo grupo ou subgrupo aos efectos de completar e consolidar o tramo de carreira horizontal que se corresponda co novo grupo ou subgrupo. A táboa que propoñen de mantela deberá ser modificada e non aplicable á promoción interna, cambio de vínculo ou integración.
- Postos de difícil cobertura con puntuación especial nos criterios de valoración.
- Obxectivos escritos, desaparece a puntuación mínima en obxectivos colectivos.
- Contemplaranse obxectivos específicos para determinados colectivos.
- Eliminan o teletraballo nas penalizacións por avaliación negativa.
Carreira ordinaria. RESUMO alegacións pendentes
- Engadir o grao V con permanencia 8 anos. Eliminando no grao IV a penalización económica por non superar 2 avaliacións. Aplicarase no grao V.
- Dado que a avaliación do desempeño se establece que será de aplicación ás entidades instrumentais do art. 45 b) da LOFAXGA, debe engadirse que “se acompañará da regulación convencional do sistema recoñecemento da progresión na carreira administrativa e a avaliación do desempeño”.
- Subir a 1,5 a puntuación por hora de formación, equilibrar puntuacións de diferentes epígrafes, baixar a 50 puntos participación en tribunais.
- Áreas transversais de formación a determinar na Comisión de seguimento.
- Incluír en situacións especiais de cumprimento de criterios e avaliación o tempo en IT por enfermidade profesional ou accidente de traballo.
- Obxectivos individuais e competencias individuais: para superar baixar a 5 sobre 10.
- Obxectivos colectivos remitir negociación á Comisión de seguimento
- Determinar postos de difícil cobertura, na Comisión de seguimento.
- Comisión de revisión con funcións de revisión de non aptos, deberá ter participación sindical, se o resultado é negativo, os sindicatos deben coñecer e intervir.
- Retirar penalización por non superar 1 avaliación do desempeño, prórroga da xubilación.
- Actualización de criterios e ponderación de bloques, ambas disposicións deben remitir á Comisión de seguimento.
- Comisión de seguimento, apartado C) engadir entre exacta e aplicación, a palabra determinación.
- Ampliar as funcións da Comisión de Seguimento do Desenvolvemento Profesional, non queremos avaliar pero si temos dereito de coñecer e ser consultados sobre os criterios de avaliación, obxectividade e transparencia dos obxectivos, accións e prazos realistas. A proposta de funcións a engadir na Comisión de seguimento:
- Determinar áreas transversais de formación. Art 17.1b).
- Determinar postos de difícil cobertura. Art 17 Area 3 e) segundo parágrafo.
- Determinar os criterios xerais para a determinación dos obxectivos e a súa medición. Art 31.2
- Determinar o modelo xeral e características para fixar obxectivos e cumprimento. Art 32.5.
- Determinar o réxime de enquisas. ART 36.1 e DA sétima
- A D.Transitoria terceira que refire que dende 2026 a 2028 se convocará o acceso á carreira, deberá engadirse “extraordinaria”.
- Engadir unha D. transitoria terceira sobre sistema transitorio ordinario dende 2029 a 2036. A primeira avaliación será en 2029 sobre obxectivos de 2028, o réxime transitorio ordinario requirira o cumprimento dos criterios xerais das áreas 1, 2 e 3 e en: 2029: 1 ano de avaliación do desempeño; 2030: 2 ano de avaliación do desempeño; 2031: 3 ano de avaliación do desempeño; 2032: 4 ano de avaliación do desempeño; 2033: 5 ano de avaliación do desempeño; 2034: 6 ano de avaliación do desempeño; 2035: 7 ano de avaliación do desempeño; 2036: 8 ano de avaliación do desempeño.
Mentres non se completen os anos precisos de avaliación, hai que garantir a continuidade na progresión e como serán as convocatorias anuais de 2029 en adiante, e que non vai quedando persoal polo camiño. O entronque transitorio é moi importante.
Hai outras cuestións pero neste resumo destacamos aquelas que consideramos máis significativas das alegacións que xa foron estimadas e das pendentes e que reiteraremos no novo prazo establecido.
Xa tivemos un ano perdido na carreira extraordinaria a causa dun desatino sindical sen precedentes, neste caso colaboracionista cunha Administración á que lle saian mellor as contas suspendendo o dereito. Agora poderíamos estar outra vez nas mesmas. A nosa preocupación medra, na medida que o ano fiscal remata pronto. Pois UGT dicimos a Administración, É HORA XA DE CUMPRIR. “Como sempre” poñer pedras para acadar melloras progresivas e efectivas favorece a postura de dilatar no tempo da Administración. Xa pasou moitas veces, anuncio de apocalipse, e logo son os e as primeiras en acollerse aos beneficios do traballo dos demais, ….sobran exemplos. As COUSAS COMO SON.
