Publicada resolución pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de:
- Corpo facultativo/a superior, escala de facultativos/as, especialidades de:
- Medicina.
- Psicoloxía.
- Pedagoxía.
- Corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de:
- Enfermaría.
- Fisioterapia.
- Traballo social.
- Educador/a social.
- Terapia ocupacional.
- Corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de:
- Gobernantes/as, especialidade gobernante/a.
- Corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de:
- Auxiliares de clínica.
A RESOLUCIÓN:
Aproba a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas da Administración especial citadas.
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe <concurso de traslados>.
A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.
RECLAMACIÓNS:
- PRAZO para emendar o defecto que motivou a exclusión ou si solicitaches participar e non figuras nin como persoa admitida nin excluida: 10 días hábiles, a partir do 23/10/25.
- O formulario de reclamación:
– Deberá cubrirse electrónicamente
– A disposición das persoas interesadas en:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions
A estimación ou desestimación das peticións de emenda ou reclamacións entenderase implícita na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.
As persoas solicitantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídas.
