O pasado venres 17 de outubro a administración citou á UGT-SP e a outros sindicatos do ensino concertado para manter unha reunión informativa sobre a XUBILACIÓN PARCIAL. A Xunta presentou un novo borrador con algunhas melloras respecto ao anterior.
En síntese, segundo a proposta, o acceso á xubilación poderá ser ata dous anos antes da idade legal de xubilación con dúas fiestras de acceso á prestación: en xaneiro e en setembro.
Consulta o comunicado conxunto das OOSS e o borrador presentado pola administración.