AVANCES nas reivindicacións históricas froito das REUNIÓNS do ESTATUTO DOCENTE no Ministerio
CLAVES: DIÁLOGO e NEGOCIACIÓN PERMANENTE
NON á CONTINUA CONFRONTACIÓN SINDICAL SEN APORTAR NIN NEGOCIAR NADA NUNCA
NON ao CONSTANTE CONFLICTO SINDICAL do TODO ou NADA SEN PACTOS NIN AVANCES
MENOS HORAS LECTIVAS e RATIOS MÁIS BAIXAS : UGT-SP Ensino defende o DIÁLOGO como vía para avanzar
🔗 ENLACE WEB MINISTERIAL – ANUNCIO OFICIAL
UGT-SP Ensino valora positivamente os compromisos anunciados polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en materia educativa, que recollen varias das reivindicacións históricas do sindicato. Estes avances súmanse aos logros acadados en Galicia co Acordo de Mellora asinado en 2023 por UGT-SP, CCOO Ensino e ANPE.
Entre as medidas anunciadas polo Executivo central destacan a redución legal do horario lectivo, cun máximo de 23 horas semanaais en Primaria e 18 en Secundaria, Bacharelato e outras ensinanzas. Esta proposta coincide coa demanda de UGT de limitar a carga lectiva para todo o profesorado, aínda que o sindicato reclama que o límite de 18 horas se estenda tamén a Infantil e Primaria, como xa se conseguiu parcialmente en Galicia, onde desde o curso 2024-25 se aplica unha xornada de 23 horas en Primaria e Infantil, sen renunciar a recuperar as 21 horas que existían no pasado.
Tamén se anunciou a baixada de ratios e a redución da burocracia, medidas que reforzan o camiño iniciado en Galicia co Acordo de Mellora, que contempla ratios de 20 alumnos en Infantil e Primaria, 25 en ESO e 30 en Bacharelato, así como o cómputo dobre e triplo para alumnado con discapacidade, dependencia ou trastorno grave de conduta. Esta medida é clave para avanzar cara a unha educación inclusiva e unha atención á diversidade real e efectiva.
No ámbito da burocracia, Galicia xa puxo en marcha un Plan de simplificación das tarefas administrativas, cun enfoque ambicioso e por etapas, que supón un primeiro paso no bo camiño. A nivel estatal, o uso de ferramentas baseadas en intelixencia artificial pode complementar este esforzo, sempre que se desenvolva con participación sindical e garantías para o profesorado.
UGT-SP Ensino lamenta que outras organizacións sindicais opten por convocar folgas e mobilizacións sen participar nos espazos de negociación que permitiron avances concretos para o profesorado galego.
Os logros acadados foron posibles grazas á vía do diálogo e da negociación, e non á confrontación permanente, vías fundamentais cando está en xogo a calidade do sistema educativo e as condicións laborais do seu persoal.
Pese a todo, UGT-SP Ensino considera que os avances en Galicia e os anuncios estatais deben consolidarse en leis e orzamentos que garantan a súa continuidade.
Ademais, reclamamos:
⬛A extensión da xornada lectiva de 18 horas a todo o profesorado, incluíndo Infantil e Primaria.
⬛ A universalización da educación de 0 a 3 anos en centros públicos.
⬛A aplicación efectiva de medidas contra a sobrecarga emocional e os riscos psicosociais.
⬛ A equiparación salarial e profesional de todos os corpos docentes.
⬛ A mellora e dotación de medios humanos e materiais para a atención á diversidade, garantindo unha resposta inclusiva e especializada en todos os centros educativos.
UGT reafirma o seu compromiso coa mellora da educación pública en Galicia e en todo o Estado, e advirte que continuará mobilizándose se non se cumpren os compromisos adquiridos, pero sempre desde a vía do diálogo e da negociación.
🔗ENLACES NOTICIA diferentes WEBs/PRENSA
EL PAIS
EL MUNDO
ONDA CERO
ABC
EL DIARIO
LA VANGUARDIA
VOZ de GALICIA