Sectores

Listas únicas de contratación Persoal Funcionario: publicación relación definitiva de persoas admitidas e excluídas

Publicada hoxe en DOG a Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai pública a relación de persoas admitidas e excluídas con carácter definitivo que solicitaron a inclusión nas listas únicas para cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinados corpos, escalas ou especialidades.

CONSULTA DAS LISTAS

http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp

  • ou no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012

INFORMACIÓN QUE INCLÚEN AS LISTAS:

  • Persoas solicitantes admitidas nas listas únicas, ao abeiro das resolucións do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administracións de Persoal (DOG núm. 31, do 14 de febreiro), procedentes de listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes, con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo, conforme o establecido no artigo 6 e na disposición transitoria primeira da Orde do 20 de xullo de 2021, en relación co seu artigo 2 .
  • Persoas solicitantes excluídas ao abeiro das resolucións do 12 de febreiro de 2025, con expresión da causa de exclusión.

ENTRADA EN VIGOR:

As listas entrarán en vigor a partir do 24/07/2025.

A entrada en vigor destas listas únicas implican o peche das listas de contratación temporal das categorías análogas

ANEXO I

Corpos e escalas de persoal funcionario

GrupoCorpo/escalaDenominación
A2209DCorpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador infantil (subgrupo A2)
C1208ICorpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de mobilidade (subgrupo C1)
C1209OCorpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade vixilancia de estradas (subgrupo C1)
C1209GCorpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de cociña (subgrupo C1)
C1209ICorpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1)
C120B6Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz (subgrupo C1)
C1209ECorpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de mantemento de servizos (subgrupo C1)
C2207ZCorpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de cociña (subgrupo C2)
C2208PCorpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de laboratorio (subgrupo C2
C2208NCorpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de mantemento (subgrupo C2)
C220D0Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial (subgrupo C2)
C2207XCorpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de gardas de recursos naturais (subgrupo C2)

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.