Tras a ultima reunión da Mesa sectorial de persoal funcionario do 10 de xullo e a da Comisión de Persoal do 04.07.2025, nas que a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEPAP) refire que consultará con Medio rural, pero a realidade é que se están a cubrir prazas de axentes forestais no C2 por comisión de servizos en virtude dunha sentenza firme, queremos deixar constancia unha vez máis de que:
- A Lei da escala de axentes forestais (Lei 12/1992) e a de axentes facultativos medioambientais (Lei 2/2000), están derrogadas a día de hoxe pola Disposición derogatoria primeira da Lei do emprego público de Galicia (LEPG), polo que estas escalas xa non existen oficialmente na LEPG.
- Nos procesos selectivos da Lei 20/2021 non ofertaron prazas de axentes forestais (C2) por ser unha escala extinguida.
Fixéronse varios procesos de promoción interna para posibilitar a integración do persoal da escala de axentes forestais (C2) na escala de axentes facultativos medioambientais (C1).
-Mantivéronse todos os postos nas RPT C2.
Por todo o anterior dende a UGT rexeitamos que se contrate polas distintas vías persoal novo nunha escala a extinguir de C2.
Tamén reiteramos a solicitude de modificar xa as RPT para eliminar as referencias a C2 en prazas que deben ser solo de C1, agás a observación de aquelas poucas ocupadas por C2 nun situación a extinguir, e que estas irregularidades deixen de producirse xa.