Sectores

Cronoloxía publicacións en DOG (Xullo 2025)

CRONOLOXÍA PUBLICACIÓNS DOG MES DE XULLO

A DXEPAP informa das previsións de publicación en DOG no mes de xullo

Información concursos de traslados

Nº concursoConcurso trasladosPublicación DOG
F0124Escalas do Servizo de GardacostasAdxudicación postos 14/07/2025
F0324Escala Enxeñarías- Ciencias – Arquitecturas (*)Adxudicación postos 11/07/2025
F0125Profesores/as e mestres/as Institutos marítimo-pesqueirosBaremo PROV 14/07/2025
F0325 Escala Persoal VeterinarioConvocatoria 09/07/2025
F0425Escalas Laboratorio, mantemento, limpeza, cociña, recursos naturaisConvocatoria 16/07/2025
F0525Escalas Persoal FacultativoConvocatoria Segunda quincena xullo

(*) Concurso enxeñerías, ciencias, arquitecturas F0324

Publicación progresiva das resolucións de elección de destino, comenzando por A1 enxeñería Montes e, posteriormente A2 enxeñería Forestal e as restantes escalas do concurso.

Unha única resolución na que se indicará a data de cese e prazos para a toma de posesión.

Validación de méritos relativos a persoas inscritas en concursos convocados ou pendentes de convocar

Unha vez rematado o prazo de inscrición dos concursos, antes da apertura do prazo de acreditación de méritos e selección de postos, validaranse os méritos acreditados das persoas inscritas que están pendentes de validación.

Procesos selectivos persoal SPDCIF

Modificación da data de realización do primeiro exercicio dos procesos selectivos de persoal laboral SPDCIF, este exercicio realizarase o 28/02/2026. Esta modificación do calendario de procesos selectivos informouse no consello da Xunta do 07/07/2025.

Grupo/ CategoríaDenominaciónConvocatoria DOGPrazas convocadasData 1º exercicio
III. 100Bombeiro/a forestal. Xefe/a de brigadaÚltima semana agosto7128/02/2026
V. 14Bombeiro/a forestalÚltima semana agosto18128/02/2026
V. 14 ABombeiro/a forestal. Condutor/aÚltima semana agosto7528/02/2026

Procesos selectivos das escalas técnica e auxiliar de cociña e da escala auxiilar de coidadores cuxa convocatoria publicouse no DOG do 30/06/2025.

No DOG do 14/07/2025 publicarase unha modificación da convocatoria dos procesos selectivos das escalas técnica e auxiliar de cociña e da escala auxiliar de coidadores para incluír no apartado II.1.1.1 Primeiro exercicio o parágrafo que se indica a continuación:

Proceso selectivo subgrupo C1 escala técnica cociña

As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar ás preguntas da parte común do programa, polo que contestarán unicamente ás sesenta e cinco (65) preguntas da parte específica e ás correspondentes preguntas de reserva

Procesos selectivos subgrupo C2 escala auxiliar de cociña e escala auxiliar de coidadores

As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar ás preguntas da parte común do programa, polo que contestarán unicamente ás sesenta (60) preguntas da parte específica e ás correspondentes preguntas de reserva.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.