UGT : A FAVOR                  CCOO: A FAVOR                CSIF:  A FAVOR                      CIG: A FAVOR        

Creación de dous postos con competencias en xestión económica e de carácter administrativo. Na documentación técnica que nos foi remitida a xustificación da súa creación está suficientemente motivada.  A creación de outros dous postos de técnicos/as de cociña veñen tamén motivados logo do incremento de alumnado e as perspectivas de mantemento no tempo desta situación polo que faise necesario dispoñer de persoal estable de apoio de cociña e sala. Amortízanse catro postos( todos vacantes sen ocupación, dos cales tres non estaban incluidos na RPT da Aturga.

Consideramos que a modificación de RPT proposta é axeitada e xunto co compromiso adquirido pola Aturga de atender a nosa petición do incremento retributivo (nivel 25) do persoal inspección a futuro, votamos a favor da mesma.

UGT : A FAVOR                  CCOO: A FAVOR                CSIF:  A FAVOR                      CIG: A FAVOR        

Modificación de RPT consistente en incardinar postos existentes conforme ás escalas e especialidades dos corpos de persoal funcionario de Administración especial da Administracion xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Disposicións adicionais oitava e novena da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia), coa finalidade de:

Consolidar tanto a debida especialización das funcións inherentes aos postos como a idoneidade das persoas que accedan a eles, mediante os correspondentes procedementos de selección, e/ou de mobilidade; mantendo a clasi􀂥icación restante.

Dar cumprimento ás obrigas derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Entendemos que esta modificación de RPT atende fundamentalmente a razóns organizativas e funcionais polo que votamos favorablemente.

UGT : ABSTENCION          CCOO: ABSTENCION        CSIF:  A FAVOR          CIG: EN CONTRA

Presentamos alegacións no buzón habilitado e reiteramos nas mesas de negociación,  a inclusión de postos que consideramos deberían ser ofertados, que finalmente van ser un total de 355. Retíranse os méritos específicos que aparecían como requisito nalgúns dos postos ofertados.

Solicitamos que nas bases do concurso, no apartado de Cursos de formación e perfeccionamento se valorasen os cursos impartidos polos colexios profesionais oficiais e homologados pola EGAP.

Non foron atendidas as nosas peticións, no caso da formación, informouse da dificultade para incluír no aplicativo informático encargado das valoracións de novos ítems, aínda que ao estar previamente incluídos vanse valorar os cursos da Escola Galega de Saude Pública e da Escola Nacional de Sanidade ISCIII.

UGT : A FAVOR                  CCOO: A FAVOR     CSIF:  A FAVOR            CIG: EN CONTRA

Ofertanse un total de 2619 postos. Retíranse os postos do PNMT Illas Atlanticas aos que non podería concursar persoal ao non ser funcionarios/as.

Preguntamos polas condicións de traballo do persoal e das persoas usuarias das escolas infantís e Centros de Atención a Persoas Maiores do CGSIB asi como polas escolas infantís da  AGASS (Centros CRAPD Vigo, CAPD Redondela, CAPD Sarria…), que ao carecer de sistemas de climatización axeitados dificultan extraordinariamente, por un lado a labor profesional das persoas traballadoras e por outro o servizo recibido polas usuarias e usuarios destes servizos públicos.

Esiximos á Consellería de Política Social e Igualdade unha resposta con carácter inmediato: o argumento/ coartada de situacións de carácter puntual non serven para dar resposta a este tipo de episodios atmosféricos (vagas de calor) cada vez máis habituais no noso país.

Preguntamos igualmente previsións do remate formal do proceso de estabilización do persoal de GAIN e polo Decreto de investigadores/as.

A DXEP responde que dará traslado á Consellería de Política Social e a GAIN do contido das nosa intervencións, e respecto do Decreto de investigadores/as están en proceso de eleaboración do RPT coa análise e concreción de postos susceptibles de ser incorporados.