Sectores

Concurso de Traslados Administración Xeral

Publicada RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A RESOLUCIÓN:

Aproba a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe <concurso de traslados>.

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

RECLAMACIÓNS:

  • PRAZO para emendar o defecto que motivou a exclusión ou si solicitaches participar e non figuras nin como persoa admitida nin excluida: 10 días hábiles, a partir do 14/06/25.
  • O formulario de reclamación:

– Deberá cubrirse electronimcamente

– A disposición das persoas interesadas en:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions

A estimación ou desestimación das peticións de emenda ou reclamacións entenderase implícita na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.

As persoas solicitantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídas.