Ábrese unha nova convocatoria de presentación de solicitudes para a habilitación da docencia en centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.
- Prazo: Do 1 ao 30 de xuño de 2025, ambos incluídos.
- Medios electrónicos: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario accesible da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ . Tamén poden cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e RRHH: https://www.edu.xunta.gal/habilitacions e presentarse obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
- Máis información: Consulta toda a información do procedemento na ligazón https://www.edu.xunta.gal/habilitacions/