Sectores

II Xuntanza proposta acordo para a ordenación e mellora da prestación de servizos veterinarios oficiais de Saúde Pública

Na xuntanza da comisión de seguimento celebrada no dia de hoxe convocada pola Vicesecretaría Xeral da Consellería de Sanidade coa participación das organizacións sindicais asinantes do Acordo para a ordenación e mellora da prestación de servizos veterinarios oficiais de Saúde Pública co obxecto de modificar os seu ANEXO I, UGT Servizos Públicos logo de analizar a proposta recibida, entende que os aspectos recollidos na mesma, resultan totalmente insuficientes e extemporáneos, polo que formalmente

SOLICITOU:

  • A convocatoria con carácter urxente do CONCURSO DE TRASLADOS. Consideramos que as necesidades organizativas da administración non son unha emerxencia que impida convocalo. Tampouco existe un impedimento obxectivo para adiar dita convocatoria.
  • O adiamento da actualización ou revisión profunda do Acordo de 2008 cun calendario temporal e de materias a tratar que contemplen as xustas e necesarias compensacións e otras cuestións de condicións laborais que requieren de ser tratadas.