O 1 de abril entraron en vigor cambios na normativa estatal sobre xubilación. UGT-SP Ensino mantivo no mes de marzo un diálogo coa Administración, a quen lle exixiu readaptar -no actual contexto lexislativo- o acordo galego da Xubilación Parcial no ensino concertado, asinado polo sindicato en agosto do pasado ano.
A Administración respostou que realizaría un estudo dos docentes que cumprisen cos requisitos para o acceso á prestación e a viabilidade económica da súa financiación. A día de hoxe descoñécense os resultados do estudo e as medidas que a Administración pretende adoptar respecto á Xubilación Parcial, polo que a UGT solicita URXENTEMENTE unha MESA NEGOCIADORA. As novas medidas que afectarían á XP no ámbito do ensino concertado aplicaríanse en setembro de 2025, co inicio do novo curso escolar. Polo que realmente urxe negociar canto antes as máis xustas condicións de acceso á prestación, en sintonía coa nova normativa estatal.