Anteproxecto de Decreto polo que se regula o acceso e provisión de postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.
UGT: a favor CIG: abstención CCOO: a favor CSIF: a favor
Poñemos en valor en primeiro lugar a presentación dun novo marco legal de referencia para o acceso ao emprego público do colectivo de persoas con discapacidade intelectual, aínda que tamén plantexamos que se podería haber aumentado o colectivo de persoas destinatarias a persoas con outro tipo discapacidades, ou tamén unha proposta de medidas favorecedoras para a inclusión, no seu apartado de formación, máis ambiciosas.
Modificación RPT Consellería de Sanidade e SERGAS
UGT: abstención CIG: en contra CCOO: en contra CSIF: a favor
O documento presentado, ten como obxecto adaptar a RPT vixente ao novo decreto de estrutura (Decreto 144/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade que deroga o anterior Decreto 136/2019, do 10 de outubro), o que implica unha nova denominación e recodificación de postos. As amortizacións atenden fundamentalmente a cambios de carácter orgánico. Certamente a modificación podería e debería incluír algúns aspectos (equiparación de niveis, entre outros) histórica e reiteradamente demandados pola nosa Organización. Non foron obxecto desta negociación, aínda que deixamos constancia, novamente, da nosa reivindicación. Entendemos que non habia obxectivamente argumentos sólidos para rexeitar a proposta, tampouco para apoiala. E por iso polo que decidimos absternos.
Modificación RPT da Presidencia da Xunta de Galicia
UGT: abstención CIG: en contra CCOO: abstención CSIF: a favor
Esta modificación entre outros aspectos engade na relación de postos de traballo os postos xa creados a través do Decreto 135/2024, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, plantexa a homologación retributiva dos postos da escala de Letrados de acordo co previsto na Lei de orzamentos, e se inclue unha observación relativa á deslocalización de 4 postos da Asesoría Xurídica Xeral: Letrado/a Especialista Xurisdición Civil e Penal, Letrado/a Especialista Función Pública e Laboral, Letrado/a Especialista Mellora Calidade Normativa e Letrado/a Especialista Asesoramento e Apoio á Produción Normativa.
Esta deslocalización está prevista no regulamento orgánico da Asesoría Xurídica Xeral e producirase sempre previa solicitude da persoa interesada e resolución da Dirección Xeral de Asuntos Constitucionais e Desenvolvemento Lexislativo. Créanse 7 postos e non hai amortizacións.
UGT valora favorablemente a non amortización de postos, xa que sería difícil de xestionar se se producisen amortizacións e os cambios na RPT (homologacións retributivas ao nivel 30) fosen a costa destas. Expresamos as nosas dúbidas e disconformidade sobre o cambio da forma de provisión de postos a libre designación (prazas DOG) polo que non apoiamos na sua totalidade o documento poposto e optamos pola abstención.
Modificación da RPT da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
UGT: a favor CIG: a favor CCOO: a favor CSIF: a favor
A modificación consistía en incardinar postos existentes conforme ás escalas e especialidades dos corpos de persoal funcionario da Administración xeral e de Administración especial da Administracion xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Disposicións adicionais oitava e novena da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia), coa finalidade de consolidar tanto a debida especialización das funcións inherentes aos postos como a idoneidade das persoas que accedan a eles, mediante os correspondentes procedementos de selección, e/ou de mobilidade; mantendo maiormente a clasificación restante, e dar cumprimento ás obrigas derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Analizamos a documentación , non se detectou ningun erro ou incoherencia, polo que votamos favorablemente.
ROGOS E PREGUNTAS Preguntamos polas datas previstas da implementación efectiva do Decreto de Investigadores/as. Solicitamos que se traslade á pregunta a GAIN