Sectores

Lei 20/2021 sistema de Concurso-Oposición: baremación definitiva da fase de Concurso (Auxiliar AXG C2)

Publicada hoxe, en DOG, a seguinte resolución que contén a baremación definitiva da fase de concurso:

CORPO AUXILIAR DA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBGRUPO C2

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015.