Sectores

EGAP: Convocatoria en materia de Igualdade e Violencia de Xénero

Publicada  onte a RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2025 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, da Administración institucional, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades públicas galegas

Requisitos dos/das participantes:

  • O persoal empregado público:
    • Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010,
    • Administración institucional
  • En:
    • Situación de servizo activo ou servizos especiais que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II
  • Está exceptuado:
    • Persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
    • Persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.
    • Persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria da Lei 17/1989.

Desenvolvemento das actividades de formación

  • Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.
  • A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: https://egap.xunta.gal.

Solicitudes e prazos

  • Prazo de solicitudes: DESDE HOXE 10 DE ABRIL, ATA O 16 DE ABRIL.
  • As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo :https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.
  • Número máximo de cursos que se poden solicitar: 3.