Polo cumprimento íntegro do Acordo sobre medidas de mellora – Resumo da conferencia de prensa
O pasado venres, CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP convocamos unha conferencia de prensa para demandar o cumprimento íntegro do «Acordo sobre medidas de mellora».
Sabemos moi ben o que asinamos e proba de que é un moi bo acordo é o feito de que as organizacións sindicais que non o asinaron, reclaman a día de hoxe vehementemente a súa aplicación.
Preparamos este resumo no que en menos de 10 minutos podes coñecer, con probas, a situación do non cumprimento íntegro por parte da Consellería de Educación.
Que non che conten contos! A diferenza entre quen se limita a protestar e quen traballa con rigor por avances concretos é que só as organizacións que asinamos e defendemos o Acordo estamos acadando constantemente conquistas reais para o profesorado galego.
A nosa folla de ruta está clara: denuncia pública, mobilización, acción institucional e vía xudicial. Seguiremos a esixir o cumprimento íntegro do Acordo ata as últimas consecuencias. Porque cumprir os acordos non é unha opción: é unha obriga.
Pincha aquí para ver o vídeo da Conferencia de Prensa.