Sectores

A Consellería dá MARCHA ATRÁS na súa intención de subir as RATIOS máximas de cara ao curso 25-26

As organizacións asinantes do “Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal” – CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP – queremos trasladar á comunidade educativa a nosa posición ante as informacións recibidas nos últimos días sobre a posible vulneración das ratios máximas establecidas no devandito Acordo por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Nas últimas semanas, distintos centros educativos de toda Galicia alertaron da intención da Administración de establecer para o curso 2025-2026 un máximo de 25 alumnos en 6° curso de Educación Infantil e en todos os cursos de Educación Primaria, á marxe do pactado.

A nova que confirmou as intencións da Consellería foi a publicación de Faro de Vigo poñendo de manifesto esta actuación con carácter xeral para todo o termo municipal de Vigo, ao considerar esta zona como “tensionada”.

Convén lembrar que ao inicio deste curso estableceuse unha “foto fixa” (base 2.1.2 do Acordo) segundo a cal, cada grupo con menos de 20 alumnos non superaría ese límite no futuro e aqueles con entre 20 e 25 alumnos, verían respectada esa “foto fixa” nos sucesivos cursos. 

Ante esta situación, as organizacións sindicais asinantes do Acordo trasladamos a nosa preocupación á Consellería e esiximos o respecto escrupuloso do establecido no documento.

Tras as nosas xestións, a Consellería vén de confirmarnos que cumprirá coas ratios máximas fixadas no Acordo e que manterá a “foto fixa” determinada ao inicio deste curso en todos os grupos. 

Por último, queremos insistir no feito de que seguiremos vixiantes para garantir o cumprimento efectivo do pactado e defender os dereitos do profesorado e do alumnado galego.

Reiteramos que é importantísimo, necesario e vital para loitar contra calquera posible irregularidade que 🙏NOS REMITADES POR FAVOR calquera posible incumplimento manifesto coñecido dos acordos…
🔗Acordo de Melloras t.ly/51Pfv
🔗Acordo de Agrupamentos t.ly/GUnyA


📞CONTACTOS Sedes UGT Ensino
t.ly/qS5sC