Sectores

UGT SP celebra a sinatura do XIII Convenio de Educación Infantil

UGT SP, xunto con USO, FSIE e a totalidade das patronais do sector, asinou recentemente o XIII Convenio colectivo de ámbito estatal de Centros de Asistencia e Educación Infantil, que fai referencia á educación infantil privada e de xestión indirecta. A sinatura prodúcese tras máis de tres anos de negociacións e sucesivos bloqueos (nunca creados por UGT).

Os cambios respecto ao anterior convenio son fundamentalmente en materia salarial, na modificación da cláusula de descolgue para a xestión indirecta e na creación dun modelo de xestión activo do novo convenio colectivo con grupos de traballo.

UGT SP considera que a negociación do XIII Convenio pasará á historia coma unha negociación plagada de erros, con mobilizacións non consensuadas e mal xestionadas, que non se deberían de volver a repetir. Así, UGT non comparte a postura dalgunha organización sindical. O máis sinxelo sería non asinar e non dar un convenio colectivo ao sector, pero para UGT o primeiro sempre son as persoas traballadoras afectadas.

Consulta o texto do XIII Convenio de Centros de Asistencia e Educación Infantil e o Boletín do Ensino Privado do mes de marzo (2025) no que se explican as novidades.