Sectores

UGT Ensino nas Xornadas da USC: “Falando coas organizacións sindicais”

UGT-SP Ensino Galicia estivo presente, xunto con outras tres organizacións sindicais (CCOO, CSIF e STEG), na USC nas Xornadas “Falando coas Organizacións Sindicais” o pasado martes día 5 de febrero de 2025 no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da USC en Santiago de Compostela.

As Xornadas foron dirixidas ao alumnado dos graos de primaria e infantil e do máster de formación do profesorado da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela, e abordáronse diferentes temáticas de especial relevancia para os futuros/as docentes, como o acceso á docencia nos diferentes tipos de ensino, os procesos de oposicións, a formación permanente e as listas de substitucións.

O obxectivo principal destas Xornadas foi que os/as asistentes nos fixeran chegar ás catro OOSS que aceptamos a invitación da USC, todas as dúbidas referidas das diferentes temáticas abordadas e asumiran un papel activo e crítico, para o cal se preveu un faladoiro no que poideron expresar a UGT- SP Ensino e aos/ás demais representantes das organizacións sindicais presentes as súas preocupacións sobre o seu futuro profesional e os novos retos que se esixen no ensino actual e os seus desafíos acorde á sociedade contemporánea.

As Xornadas, que xa se desenvolveran tamén nunha edición anterior na Facultade de Formación do Profesorado en Lugo no curso pasado, estiveron igualmente dirixidas e orientadas a informar e formar, permitindo resolver inquedanzas e ofertando ao alumnado destos estudos universitarios con vocación docente a posibilidade tamén de coñecer a labor dos sindicatos e o seu esforzo e loita diaria por conseguir cambios na educación que favorezan a mellora das condicións docentes e, por conseguinte, unha mellora na calidade educativa.