Publicadas hoxe as Resolucións de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos de acceso libre e quenda de promoción interna das OPEs dos anos 2021, 2022 e 2023 seguintes, convocadas por Resolucións do 22 de xaneiro de 2024:
ESPECIALIDADE | OPE | PRAZAS | DISCP | P. INT. |
SUBGRUPO A1 | ||||
Bioloxía | 2021 | 14 | 1 | 4 |
Veterinarios/as (oposición) | 2022 | 25 | 4 | 14 |
2023 | 30 | 4 | ||
Veterinarios/as (concurso-oposición) | 2021 | 38 | 5 | 10 |
Finanzas | 2021 | 9 | 1 | 5 |
2023 | 8 | 1 | ||
SUBGRUPO A2 | ||||
Enfermaría | 2021 | 12 | 1 | 11 |
2022 | 15 | 2 | ||
2023 | 15 | 1 | ||
SUBGRUPO C2 | ||||
Auxiliar de laboratorio | 2021 | 12 | 1 | 3 |
Xerocultores/as | 2021 | 13 | 2 | 4 |
As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal.
A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, podes consultala en: funcionpublica.xunta.gal.
RECLAMACIÓNS:
- Prazo: 10 días hábiles, a partir do día 8 de febreiro
- Accedendo á fides.xunta.gal. e realizando as alegacións que consideres oportunas. Só no caso de non ser posible realizar as alegacións por medio desta aplicación informática, deberá realizalas a través do rexistro presencial ou sede electrónica da Xunta de Galicia
- As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.