Sectores

Comisión de Persoal Ordinaria (06/02/2025)

Hoxe tivo lugar a Comisión Superior de Persoal coas seguintes cuestións:

A Resolución da que se da conta modifica a base da convocatoria, da Resolución do 15/12/2023, para permitir a opción, a fin de que as persoas aspirantes das categorías III-099 e IV-004 que figuran na listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da Resolución do 25/03/24 podan facer efectiva a súa solicitude. A solicitude farase a través do PR004 establecendo un prazo de 15 días a partir do día seguinte ao da publicación en DOG.

Consideración de UGT:

En tanto que nesta Comisión de Persoal non procede emisión de voto, posto que se da conta do xa aprobado en Comisión de data 20 de xuño de 2024, ratificamos o dito en dita Comisión manifestando a nosa oposición a este proceso por considerar que non se cumpre co solicitado por esta organización segundo a petición realizada polo colectivo afectado.

Preguntamos como se realizará o proceso, ao que non tivemos resposta.

Sen cambios dende a Mesa Xeral do venres pasado.

UGT: en contra    CIG: en contra          CCOO: en contra            CSIF: en contra

Consideración de UGT:

Reiteramos a opinión manifestada en Mesa Xeral, requirindo á Consellería a proceder á modificación  da Instrución do ano 94 de rateos de persoal de atención directa e o Decreto 10/2007.

Sen cambios dende a Mesa Xeral

UGT: a favor         CIG: a favor               CCOO: a favor            CSIF: a favor

Consideración de UGT:

En tanto que se trata de dar cumprimento á aplicación do Acordo de concertación do emprego público, asinado por esta organización, votamos a favor e aproveitamos a ocasión para dar a benvida a aquelas organizacións que non sendo asinantes do Acordo agora proceden ao voto a favor dos procedementos que o desenvolven.

  • CALENDARIO OU PROGRAMACIÓN DE PROCESOS (ESTABILIZACIÓN E CONCURSOS DE TRASLADOS):
    • Pregúntase, unha vez máis, por algún tipo de información ao respecto de calendario ou programación de calendarios de procesos co fin de coñecer o ritmo previsto sobre a súa evolución, así como das tomas de posesión e sobre os concursos de traslados.
      • Responden que se está analizando como se procederá e que informarán cando teñan a previsión sobre os 206 procesos en marcha.
  • GRAO III DE CARREIRA:
    • Preguntado por data de negociación, a resposta é que non hai data.
  • PERSOAL INVESTIGADOR:
    • Preguntamos
      • Pola aplicación do Decreto 12/2024, publicado o 25/01/24, que establecía o prazo dun ano para o desenvolvemento dos criterios e procedemento de avaliación da actividade investigadora do persoal investigador
      • Pola previsión que establecía do dito decreto sobre os procesos de estabilización de dito persoal, ao abeiro da Lei 20/2021, dado que rematado o ano 24 non se cumpriu con dita previsión, pese a ser advertidos por esta organización sindical.
      • Facemos constancia das posibles repercusións que determina a Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa sobre a inacción da Administración.
    • Resposta: o analizarán.
  • TRIENIOS PERFECCIONADOS CRITERIO TRIBUNAL SUPREMO:
    • En Mesa Xeral do 16/10/24 advertiamos do criterio do TS a este respecto, segundo o que os trienios perfeccionados como laboral temporal, anteriores á Lei de orzamentos do Estado do ano 2021, deben aboarse en dita contía, no suposto da adquisición da condición de persoal funcionario de carreira. Criterio apoiado por recente sentenza obtida por UGT, en Xulgado Contencioso de Lugo.
      • Resposta: están analizando a cuestión á vista das sentencias.
  • LASAPAGA:
  • UGT trasladou na Comisión as inquedanzas do persoal do LASAPAGA ao respecto do que consideran unha fenda considerable na seguridade exterior das súas instalacións polo que solicitan con carácter urxente: “a incorporación dalgún tipo de medida durante as 24 horas nas 3 ubicacións do LASAPAGA, que cubra a vixilancia e a seguridade tanto no intre da xornada de traballo habitual, coma fóra da xornada, os festivos e a nocturnidade