Publicada hoxe en DOG a resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinadas escalas e especialidades que se relacionan no anexo I á resolución.
CONSULTA DAS LISTAS
- As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia (http://funcionpublica.xunta.gal), apartado Listas de contratación:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
- ou no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012
INFORMACIÓN QUE INCLÚEN AS LISTAS:
- Solicitantes admitidos/as na lista, con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
- Solicitantes excluídos/as, con expresión da causa de exclusión.
ENTRADA EN VIGOR:
As listas entrarán en vigor a partir do 06/02/2025.
SOLICITUDE DE DEVOLUCIÓN DE TAXAS:
Si fuches excluído/a dispós do prazo dun mes, a partir do día 6 de febreiro, para solicitar a devolución de taxas.
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
Grupo | Corpo/escala | Denominación |
A1 | 207J | Escala superior de saúde laboral |
A1 | 207K | Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo |
A1 | 207L | Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Hixiene industrial |
A1 | 207M | Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Ergonomía e psicosociloxía aplicada |
A2 | 209T | Escala técnica de orientación laboral |
A2 | 207N | Escala técnica de saúde laboral |
A2 | 207P | Escala técnica de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo |