Sectores

Resumo da Mesa Sectorial e Mesa Xeral (31.01.2025)

O pasado venres tivo lugar reunións sucesivas de Mesa Xeral e Mesa Sectorial, nas que se trataron as seguintes cuestións:

MESA XERAL:

MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Infórmase, por parte da Administración, que a presente modificación é consecuencia dos cambios producidos na estrutura orgánica, que se acometen ademais un total de 12 creacións e 28 amortizacións de praza, supoñendo esas creacións reforzo daquelas unidades que se consideran máis necesarias de persoal.

Consideracións de UGT:

Requirimos, tanto á Consellería como á DX de Emprego Público, que se acometa de forma urxente a revisión da Instrución do ano 1994, ao respecto de rateos de persoal de atención directa, como do Decreto 10/2007, do 25 de xaneiro, polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co fin de modificar dúas normas desfasadas ao respecto do persoal non docente. Entendemos que as amortizacións previstas redundan en perda neta de emprego público co que non podemos estar de acordo, así como na apertura de máis postos de administración xeral a persoal docente, no momento en que a administración docente abra postos a persoal da Administración xeral poderemos falar en plano de igualdade, ata ese momento calquera resposta que veña nese sentido será rexeitada.

A Consellería pretende dar resposta ás alegacións argumentadas polas OOSS, do que podemos concluír que non se atopan pechados a estudiar a apertura de negociación ao respecto das condicións de traballo do persoal non docente, pero que consideran non deben producirse ata a finalización dos procesos de estabilización.

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA RPT DO PROCESO DE FUNCIONARIZACIÓN E CLASIFICACIÓN DE POSTOS DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL

Prodúcese a modificación como consecuencia da aplicación de sentencias xudiciais de reclasificación que non foron tidas en conta no momento de aprobación da RPT de funcionarización. Informa a Administración que os cambios terán efectos a 01/03/2025.

Consideracións de UGT:

Entendemos que se está a cumprir co mandato do Acordo de concertación de emprego público, asinado por UGT, e a través do cal se garantía que as distintas RPT serán adaptadas, no caso de reclasificación xudicial, á realidade xurídica dos seus ocupantes para que a funcionarización se produza desde a categoría que posúa o empregado/a público/a.

En todo caso requirimos da Administración que de darse suposto similar noutras RPTs que se adopte o criterio pactado.

ROLDA ABERTA DE INTERVENCIÓNS.

  • Permiso parental de 8 semanas non retribuído: Pregúntase si se está aplicando dado que non está trasposto á normativa de permisos Xunta.
    • Responden que teñen constancia da súa aplicación e que consta en PORTAX a fin de que se poda solicitar.
  • Procesos de estabilización: pregúntase pola previsión de finalización dos procesos
    • Responden que se están a revisar as alegacións presentadas ás listaxes provisionais, que as listaxes definitivas están pendentes de relación de aprobados, contando co prazo dun mes para efectuar recursos e análise dos mesmos por si teñen incidencia nas relacións de aprobados. Sen datas
    • Sobre a singularidade dos procesos do SPIF, estanse realizando as valoracións de todos os inscritos nos procesos, co fin de realizar o baremo provisional complementario. Sen datas
    • Tomas de posesión e postos:
      • Estanse analizando e antes de publicar informarase ás OOSS, sen datas.
  • Concursos de traslados: preguntase por previsións de execución e finalización.
    • Responden que priorizaranse na súa execución os xa convocados, sen datas concretas.
    • Os das escalas sociais convocaranse en canto se publique a RPT do Consorcio, da que informan que será proximamente, non dan data.
    • De AAFFMM e Axentes Forestais, din que estás “acelerando” a súa resolución, sen datas.
    • De persoal veterinario, sen data.
  • Modificación de RPT de Medio Ambiente, Acordo de condicións de traballo do persoal das Illas Atlánticas: informan que está pendente de revisión e de pasar pola negociación en Mesa Xeral, sen datas.
  • Sentenza sobre as prazas de OPE nas que constaba o asterisco (*) por ser ofertadas en convocatorias anteriores aos procesos de estabilización: afirman que as sentenzas non obriga á creación de prazas e que estaban condicionadas á súa cobertura en procesos previos aos da Lei 20.
  • Datas dos procesos da promoción específica do Consorcio: realizaranse en canto se publique a RPT do Consorcio, sen data.
  • Convocatoria da Comisión de seguimento do acordo de condicións de traballo do persoal de Política Social:
    • preguntamos polas controversias xurdidas na súa aplicación sobre determinados aspectos, como foron as vacacións, as compensacións de 24 e 31, e outros temas que son necesarios tratar en Comisión, chamando a atención de que outros acordos xa van pola novena convocatoria da súa Comisión de seguimento, e a de Política Social semella non existir. Informan de que toman nota e que convocarán proximamente. Sen data.
  • Carreira profesional e complemento de desempeño:
    • chamamos a atención de que no día de onte o ámbito do persoal de Xustiza recibiron un documento sobre o seu complemento de carreira que contempla distintas anualidades na súa percepción ao que se remitiu para a Administración Xeral, así como un número de horas distinto para o grao III, ao que consta na proposta de AXG. Preguntamos si logo de presentar as alegacións o pasado día 13 de xaneiro non se ten pensado reunir para dar resposta ás alegacións presentadas?. Responden que se convocará proximamente. Sen data.
  • Preguntamos pola posible aplicación arbitrada na disposición adicional cuarta da OPE de estabilización (Decreto 79/2022), que contempla a posibilidade de poder convocar ata un 10% adicional máis das prazas comprometidas nesa oferta, co fin de acadar unha mellor eficiencia na xestión dos recursos públicos, sempre que as prazas cumpran o establecido na dita Lei 20/2021. Sen resposta.

MESA SECTORIAL DE PERSOAL FUNCIONARIO:

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DA DXEPAP, POLA QUE SE APROBA O MODELO DE BASES DE CONVOCATORIA DE CONCURSOS ESPECÍFICOS PARA A PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA INCLUÍDO NO ÁMBITO DE APLICACIÓN DA LEI 2/2015

Primeiro debate sobre o documento borrador de bases dos concursos específicos. Podes acceder ao contido da proposta premendo neste ENLACE.

Dan de prazo ata o vindeiro venres 14 de febreiro para achegar alegacións ao documento.

Primeira valoración de UGT:

A primeira consideración é en positivo, en tanto que é unha forma de provisión que se contempla na LEPG no artigo 91, e que é de necesaria implementación, é obrigado poñer orde e obxectividade sobre a mesma, así mesmo falta o desenvolvemento do Decreto 151/2022, ao que esta Resolución dota de bases sobre o seu procedemento.

Sometémonos ao análise que poda concluírse deste borrador, logo das achegas que se reciban do persoal funcionario que estea interesado en colaborar coas súas aportacións.

En todo caso e nunha primeira visión do texto, bótase en falta que o documento non conteña a obrigatoriedade da súa convocatoria, lembremos que quen ten a potestade son as consellerías, e que desde a Dirección Xeral de Emprego Público non se prevea unha planificación das mesmas, sobre todo nas primeiras convocatorias.

Podes realizar as túas achegas ao documento de bases dos concursos específicos, ao seguinte enderezo:

sindicato-uxt@xunta.gal