Convócanse os cursos, cuxas bases, características e contidos se detallan no anexo á resolución.
Requisitos das persoas participantes:
Poderá participar:
- O persoal ao servizo da:
- Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Entidades públicas instrumentais
- Administración institucional
- Administración de xustiza
- Entidades locais de Galicia
- Persoal de administración e servizo (PAS) das universidades do SUG.
- Que se encontre en:
- Situación de servizo activo (incluído o persoal qeu teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral)
- Está exceptuado:
- Persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
- Persoal das escalas dos corpos da policía e bombeiros de Galicia.
- Persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria da Lei 17/1989.
Solicitudes e prazos
- Prazo solicitudes: dende as 9:00hs do 31 de xaneiro ata as 14:00hs do 7 de febreiro.
- Solicitudes só a través de :https://egap.xunta.gal/matricula
- Cada persoa só poderá solicitar 1 dos cursos
- Información para dúbidas e dificultades técnicas:
- Teléfonos: 981 54 62 57 // 981 54 62 54 // 982 54 63 35
- Horario: 9:00 ás 14:00