PRAZO:
15 días hábiles a partir do 18/01/2025:
desde o 20 de xaneiro ao 7 de febreiro.
SOLICITUDES DE ELECCIÓN DE POSTOS:
- Podes solicitar por orde de preferencia os postos ofertados no anexo I da resolución de convocatoria (con corrección de erros no DOG núm. 55, do 18 de marzo), aos cales se engadirán as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas.
- A relación de postos ofertados en resultas publicarase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/concursode-traslados
- A solicitude de postos de traballo deberá presentarse electronicamente.
- Entenderase que renuncias a participar no concurso si formulaches unha solicitude de participación pero non presentas unha solicitude de elección de postos de traballo.
PROCEDEMENTO DE ACREDITACIÓN DE MÉRITOS E REQUISITOS:
- Os méritos e requisitos específicos para o acceso aos postos debes posuílos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso: 25/03/2024.
- Debes acreditalos seguindo o procedemento que establece a Resolución do 05/12/2023. Non se terán en conta os que non se presenten seguindo ese procedemento.
- Para a xustificación dun doutoramento (requisito específico dalgúns postos) xustificarase mediante a remisión directa da ficha de consulta á base de datos de teses doutorais (TESEO) do Ministerio de Universidades.
- Si tes que presentar documentación acreditativa dos méritos valorables debes achegala ao teu expediente persoal electrónico: https://fides.xunta.gal:
- No suposto de que esteas conforme cos datos consultados: non precisas facer nada.
- No suposto de que non esteas conforme cos datos consultados por non constaren ou estaren incompletos debes incorporar a información non rexistrada presentando a solicitude de actualización de méritos xunto coa documentación acreditativa ao abeiro do establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023.
- Si non tes recollido no teu expediente electrónico persoal algún período da túa experiencia profesional interna na Xunta de Galicia ou que atope erros nos teus méritos nos estados de «en trámite», «validado», «duplicado» ou «descartado», podes presentar alegacións a través do formulario de reclamacións na páxina https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados, que deberá cubrirse e presentarse electronicamente.
- Os méritos que a 17/01/2025 se atopen incorporados no expediente electrónico no estado «acreditación documental incompleta», deberán ser acreditados para poderen ser tidos en conta.
- Para acreditar os méritos, presentaras a documentación que xustifique a totalidade do mérito rexistrado, do xeito establecido nos puntos 3 e 4 da instrución oitava da Resolución do 5 de decembro de 2023. Isto é:
- se posúes documentos electrónicos orixinais ou copias electrónicas auténticas, incorporaralas directamente no teu expediente electrónico persoal a través do enderezo https://fides.xunta.gal ou
- cando os documentos orixinais figuren en formato papel, presentarás a documentación e o informe xerado no Fides, na pestana de actualización de méritos, de maneira presencial en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
- O prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e a documentación acreditativa deles, para formular alegacións ou para emendar o estado de «acreditación documental incompleta», rematará o 7 de febreiro de 2025.
- Os méritos e os requisitos reflectidos no expediente electrónico persoal no estado «validado» serán os que teña en conta a Comisión de Valoración do concurso e sempre referidos a 25 de marzo de 2024.
- Non se terán en conta neste proceso outros méritos presentados polas persoas concursantes distintos dos que figuren no seu expediente persoal electrónico ou que se soliciten no expediente ou acrediten documentalmente con posterioridade ao 7 de febreiro de 2025.
- Por se tratar dun procedemento de concorrencia competitiva non se admitirá, despois de rematado o prazo de acreditación de méritos e para os efectos da súa valoración neste proceso, ningunha nova documentación acreditativa de méritos, aínda que consten rexistrados na solicitude de actualización ou modificación do expediente persoal. Exceptúase aquela documentación que, xustificándoa documentalmente neste mesmo prazo, fose solicitada pola persoa interesada ao organismo ou entidade competente e non se recibise no indicado prazo. Neste suposto admitirase a súa presentación ata o momento da finalización do prazo para a presentación de reclamacións ás puntuacións provisionais