Hoxe publícanse en DOG as resolucións polas que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para o nomeamento de persoal interino para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidades de:
A Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, introduce no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, unha disposición adicional sexta na cal se establece que no procedemento de inclusión destas novas listas se valoren por unha soa vez os servizos prestados ata o 30 de maio de 2023 como persoal laboral das categorías equivalentes segundo o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, nos termos do artigo 9.bis.a) do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
Ámbito territorial
- O ámbito territorial desta lista será o distrito forestal (anexo I da resolución).
- Podes elixir ata un máximo de oito ámbitos.
Requisitos:
- Idade: ter feito dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
- Nacionalidade:
- Ter a nacionalidade española.
- Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
- Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.
- Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
- Titulación académica:
- BBFF, BBFF Condutor/a de motobomba, Emisorista/Vixilante fixo/a:
- Estar en posesión ou en condicións de obter o título de graduado/a en ESO ou equivalente.
- BBFF Xefe/a de Brigada:
- Estar en posesión ou en condicións de obter o título de Técnico superior en Xestión Forestal e do Medio Natural, ou equivalente.
- BBFF, BBFF Condutor/a de motobomba, Emisorista/Vixilante fixo/a:
- Permiso de conducir.
- BBFF e Xefe/a de Brigada:
- Estar en posesión ou en condicións de obter o permiso de conducir B.
- BBFF Condutor de motobomba:
- Estar en posesión ou en condicións de obter o permiso de conducir B e C
- BBFF e Xefe/a de Brigada:
- Capacidade funcional:
- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
- Habilitación:
- Non ter sido separado/a, nin despedido/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
- Coñecemento da lingua galega:
- BBFF, BBFF Condutor/a motobomba, Emisorista/Vixilante Fixo/a: Celga 3
- BBFF Xefe/a de Brigada: Celga 4
SOLICITUDES:
- Preferentemente por vía electrónica:
- Formulario normalizado contido no anexo I da Orde do 22 de febreiro de 2021 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro) (código de procedemento AP522T)
- Accesible:
- <Listas de contratación>-<Inclusión en listas>.
- https://sede.xunta.gal
- Para a presentación electrónica: https://fides.xunta.gal
- Podes empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
- Dentro do proceso deberás pagar a taxa.
- Unha vez finalizado o pagamento, deberá presentarse a solicitude para completar o proceso de inscrición.
- Opcionalmente, podes presentar as solicitudes presencialmente, utilizando a «solicitude normalizada presencial» accesible no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, seguindo a ruta <Listas de contratación>-<Inclusión en listas>.
- Instancias dirixiranse á: Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública.
- Prazo de solicitude: 15 días hábiles a partir do 16/01/2025.
- Taxas: 18,40€
- Exención de taxas:
- Exención total:
- As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
- As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial
- Exención do 50% da taxa:
- as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.
- As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
- As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa coa cal convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos. As persoas solicitantes exentas do pagamento da taxa marcarán esta opción na solicitude.
- Exención de taxas:
- Pagamento da taxa podes realizalo polos seguintes medios:
- Presencial a través de entidade bancaria, volvendo logo a completar o pago na aplicación.
- A plataforma FIDES permite o pago telemático con tarxeta ou bizum.
- Finalizado o pagamento, debes volver a finalizar o procedemento presentando a solicitude.
PROBAS FÍSICAS:
- BBFF, BBFF condutor/a de motobomba, BBFF Xefe/a de Brigada:
- Field Test: camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11KG ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos.
- Para os postos que na RPT o teñan establecido a proba física Pack Test: camiñar 4.800 metros sobre terreo plano cun peso de 20Kg ás costas, nun tempo máximo de 45 minutos.
- O resultado das probas será de apto ou non apto.
- O resultado de apto no Pack Test eximirá de realizar o Field Test.
- Emisorista/Vixilante fixo/a:
- Proba de agudeza visual de lonxe en ambos os dous ollos, así como a visión cromática, realizada cun aparello para control de visión tipo Visotest ou equivalente.
- O resultado das probas será apto ou non apto.
- Estas probas teñen validez ata o 1 de xaneiro do ano seguinte, o persoal deberá acreditar, antes de ser nomeado, a vixencia da proba realizada co resultado de apto/a. No caso contrario, a Consellería do Medio Rural realizará as probas antes de ser nomeados/as funcionarios/as.
ORDE DE PRELACIÓN:
- Virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
- Valoraranse por unha soa vez os servizos prestados ata o 30 de maio de 2023 como persoal laboral das categorías equivalentes segundo o Decreto 165/2019, nos termos do artigo 9.bis.a) do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
- Os empates en puntuación: aplícase o artigo 10 do Decreto 37/2006.
ELABORACIÓN DAS LISTAS:
- A Comisión Permanente de Listas elevará á Dirección Xeral de Emprego Público o anuncio das listaxes provisionais e definitivas de admitidos e excluídos, para a súa publicación en DOG.
- As listas poderanse consultar en: Consulta das listas de vinculación temporal do Decreto 37/2006.
DEVOLUCIÓN DAS TAXAS:
- Publicadas as listas definitivas, as persoas excluídas dispós dun mes para solicitala