Publicadas hoxe, en DOG, as resolucións polas que se procede ao nomeamento como persoal funcionario das persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos, tanto de acceso libre como de estabilización, nos corpos facultativos seguintes:
Procedese ao nomeamento como persoal funcionario de carreira nos ditos corpos facultativos ás persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo destas resolucións, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, adxudicándoselles destinos provisionais segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán:
- Cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, e
- Tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, a partir do 11/01/2025
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal:
- O prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar, Exceptuase do anterior as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.