O día 30 de decembro de 2024 recibimos a proposta para proceder á convocatorias dun novo grao extraordinario de carreira de persoal funcionario e complemento de desempeño de persoal laboral da AXXG.
Principais características das propostas:
- Os efectos económicos do 1 de xaneiro de 2025, cumpríndose co acordado con estes sindicatos.
- A proposta e idéntica para persoal funcionario e laboral, outra das premisas do acordado.
- As contías se actualizan dende o ano 2019 tal e como se acordou coa Xunta, polo que levan acumulado un 9,8% de incremento, o igual que o resto de retribucións, e está pendente un 0´5% de atrasos dende xaneiro de 2024, incrementos acordados por UGT-SP e CCOO a nivel estatal.
- Requisitos e méritos iguais para os graos extraordinarios I e II, que se convocarán de novo toda vez que non está regulada a carreira ordinaria, CCOO e UGT-SP defendemos que mentres no teñamos carreira ordinaria debe continuar a carreira extraordinaria e non producirse baleiros, deixando persoal polo camiño.
- Requisitos para os graos extraordinarios respectan o acordado, pero incrementan os méritos, dende o noso punto de vista, desproporcionadamente, xa que en formación son 40 horas grao I e 80 grao II, suben a 180 horas en grao III.
- Catro anualidades para percibir a contía íntegra do grao correspondente, I, II ou III. UGT-SP e CCOO entendemos que houbo outras convocatorias onde as anualidades mínimas foron dous anos e as máximas tres anos, e polo tanto é inaceptable, aínda que se xustifique na reapertura do grao I e II extraordinario.
Dende unha análise mais detida das dúas propostas recibidas, e tendo en conta as aportacións que nos queirades facer chegar, faremos unha contraproposta en tempo e forma.
Consulta as propostas nos seguintes enlaces:
PROCESO EXTRAORDINARIO CARREIRA PERSOAL FUNCIONARIO.
PROCESO EXTRAORDINARIO COMPLEMENTO DE DESEMPEÑO PERSOAL LABORAL.
PRAZO DE ALEGACIÓNS AOS DOCUMENTOS ATA O DÍA 13/01/2025
Seguiremos informando e traballando para avanzar e dereitos, salarios e emprego.
CUMPRIMOS