Sectores

Mesa Xeral de Empregados Públicos (20.12.2024)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convócanos a Mesa Xeral de Empregados Públicos o vindeiro venres 20 de decembro de 2024.

Os asuntos a tratar son os seguintes:
Proposta de acordo entre a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Xunta de Galicia e as organizacións sindicais …… para a correcta finalización de determinados procesos de estabilización mediante concurso, de escalas y categorías de persoal de Defensa contra incendios forestais convocadas como consecuencia do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público.


Prosposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2


Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de técnicos de carácter facultativo, grupo B e no corpo de axudantes de carácter facultativo da Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, subgrupo C1

Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo auxiliar da Administración xeral e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.