Sectores

Xubilación parcial do Persoal Funcionario e Estatutario

Na Comisión de Seguimento do Acordo Marco para a Administración do Século XXI avanzouse moito na concreción da xubilación parcial anticipada para o persoal empregado público do noso país.

O pasado día 12 tivo lugar a reunión da Comisión de Seguimento do Acordo Marco asinado en outubro de 2022 por UGT Servizos Públicos e a área Pública de CCOO.

O obxecto da reunión foi seguir avanzando na consecución do dereito da xubilación parcial para o persoal funcionario; un dereito reivindicado historicamente por UGT, como norma básica para o persoal de todas as administracións públicas.

Saímos desta reunión co convencemento de que, en poucos días, concretarase o acordo.

Noutra orde de cuestións UGT-SP esiximos a Función Pública a apertura da Mesa de Negociación que dea inicio a un novo Acordo plurianual en materia de dereitos, emprego e retribucións do persoal empregado público.

Seguiremos informando…

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.