Sectores

Nomeamento como Persoal Funcionario de carreira: Escala de Auxiliares de Clínica

Publicase hoxe en DOG a Resolución pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira, na escala de auxiliares de clínica do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

  • As persoas aspirantes aprobadas relaciónanse no anexo da resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida.
  • A adxudicación, nos postos do anexo, é en destino provisional, segundo o disposto no artigo 60.e) da LEPG.
  • Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán:
    • cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e
    • tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse o día 13 de xaneiro de 2025.
    • No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal:
      • O prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

RECURSOS:

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer:

  • con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou
  • directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.