Sectores

Lei 20/2021 sistema de Concurso-Oposición: Baremación provisional fase de Concurso

Hoxe publícase en DOG a seguinte resolución que contén as baremacións provisionais da fase de concurso, do proceso selectivo extraordinarios derivados da Lei 20/2021:

Grupo III de persoal laboral
Operador/a de ordenador (persoal CIXTEC).

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas está publicada en:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

RECLAMACIÓNS:

  • Prazo: 5 días hábiles a partir do 6/12/24.
  • A través de: Fides na epígrafe «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».
  • A forma documental de acreditar os méritos é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.
  • No enlace anterior tedes un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da alínea c) do anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.