Mesa negociadora do X Convenio de Ensino e Formación non regrada

O pasado venres, 15 de novembro, celebrouse unha nova reunión da mesa negociadora do X Convenio Colectivo de Ensino e Formación Non Regrada.

UGT Servicios Públicos, xunto ao resto de organizacións que compoñen a comisión negociadora do convenio colectivo, traballamos e debatimos en cuestións diversas do articulado como ámbito temporal, o capítulo de contratación, o traballo a distancia, teletraballo e a desconexión dixital.

Ademáis, estase profundizando en materias como a clasificación profesional, ceses e a adaptación lexislativa dos permisos retribuidos e da conciliación familiar e laboral. Nas vindeiras reunións, abordaranse cuestións importantes como a xornada, salario ou vacacións. Polo tanto, ainda queda moito que negociar e numerosas cuestións que acordar.

Convén recordar que UGT Servizos Públicos NON ASINOU o vixente convenio colectivo por consideralo o peor convenio colectivo do ámbito de todo o ensino. Esta afirmación susténtase en que tres cuartas partes das categorías profesionais estaban por debaixo do SMI, que o propio convenio favorece o feito de que os cadros de persoal actuais teñan un 75% de temporalidade, un 75% de parcialidade e que a mobilidade converteu ao sector do ensino non regrado nun sector para estar un tempo “de paso” ata que se atopa un traballo máis estable e mellor remunerado. Así, UGT Servizos Públicos non é cómplice desta situación de precariedade.

UGT Servizos Públicos está afrontando este proceso de negociación de xeito absolutamente proactivo co obxectivo de subsanar as carencias do articulado e os novos salarios que se pacten. O sindicato informará das cuestións importantes que se podan producir durante a negociación.

O máis lido

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.