Sectores

Lei 20/2021 sistema de Concurso-Oposición: Baremación provisional fase de Concurso

Hoxe publícanse en DOG as seguintes resolucións que conteñen as baremacións provisionais da fase de concurso, dos procesos selectivos extraordinarios derivados da Lei 20/2021:

Corpo facultativo superior, subgrupo A1
Escala de arquitectos.
Corpo de técnicos de carácter facultativo, subgrupo C1
Escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil.
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2
Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro/a forestal-condutor de motobomba.
Persoal laboral grupo V
Categoría 14A, bombeiro/a forestal condutor/a.
Categoría 14, bombeiro/a forestal.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas está publicada en:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

RECLAMACIÓNS:

  • Prazo: 10 días hábiles a partir do 19/11/24.
  • A través de: Fides na epígrafe «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».
  • A forma documental de acreditar os méritos é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.
  • No enlace anterior tedes un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da alínea c) do anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.