Sectores

Relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinados corpos, escalas, especialidades e categorías (Lei 20/2021)

Hoxe publícanse en DOG as seguintes resolucións pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinados corpos, escalas, especialidades e categorías

Corpo facultativo superior, subgrupo A1
Escala de enxeñeiros. Especialidade de camiños, canles e portos
Escala de enxeñeiros. Especialidade de telecomunicación
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría química
Escala de ciencias. Especialidade de ciencias do mar
Escala de facultativos. Especialidade pedagoxía
Escala de restauración. Especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos
Escala superior de sistemas de información xeográfica
Persoal laboral grupo I
Cat. 19.Titulado/a superior especialista, titulado/a superior farmacéutico
Cat. 32. Técnico/a superior en centros de arte
Corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2
Escala de arquitectos técnicos
Escala técnica de facultativos. Especialidade de fisioterapia
Corpo de administrativos da Administración xeral, subgrupo C1
Corpo administrativo da Administración xeral
Corpo de axudantes de carácter facultativo, subgrupo C1
Escala técnica de cociña

Escala técnica de análise de laboratorio

Escala técnica de gobernantes/as. Especialidade gobernante/a
Persoal laboral grupo III
Cat. 104. Intérprete de linguaxe de signos

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

RECLAMACIÓNS:

Recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

As persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na base V.2 da convocatoria, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.