Sectores

LEI 20/2021 SISTEMA DE CONCURSO: BAREMACIÓN DEFINITIVA

Hoxe publícanse en DOG as seguintes resolucións que conteñen as baremacións definitivas da fase de concurso, dos procesos selectivos extraordinarios derivados da Lei 20/2021:

Corpo facultativo superior, subgrupo A1
Escala de facultativos. Especialidade de psicoloxía
Grupo II de persoal laboral e persoal laboral propio (Cixtec)
Analista programador (persoal Cixtec)
Analista xestor de contidos web (persoal Cixtec)
Corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2
Corpo xestión da Administración xeral
Escala de xestión de sistemas de informática
Corpo de administrativos da Administración xeral, subgrupo C1
Escala técnica auxiliar de informática
Corpo de axudantes de carácter facultativo, subgrupo C1
Escala técnica en reprodución cartográfica

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas está publicada en:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

RECLAMACIÓNS:

  • Prazo: 10 días hábiles a partir do 16/11/24.
  • A través de: Fides na epígrafe «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».
  • A forma documental de acreditar os méritos é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.
  • No enlace anterior tedes un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da alínea c) do anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.